Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 25 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2022/1878-2 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesadas), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 25 de outubro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

PR204A 2022/1878-2

Rápido Finance

PR204A 2022/2209-2

Mercedes Fernández Rodríguez

PR204A 2022/2286-2

Macarena Barona Veiga

PR204A 2022/2486-2

Hicham Hamdani

PR204A 2022/2596-2

Blas Vila Expósito

PR204A 2022/2656-2

Marcos Fernández Cabaleiro

PR204A 2022/2678-2

Selene López García

PR204A 2022/2743-2

Francisco Soto Sandoval

PR204A 2022/2745-2

Juan Barrios Álvarez

PR204A 2022/2748-2

Plácido Piñeiro López

PR204A 2022/2748-2

María Sol Piñeiro López

PR204A 2022/2794-2

Ermab Pérez Pereira

PR204A 2022/2835-2

Ramón López Fernández

PR204A 2022/2837-2

Sofía Picado Rodríguez