Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59614

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas a entidades municipais ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N).

Mediante a Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG nº 118, do 21 de xuño) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e realizou a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N).

Segundo o establecido no artigo 16.4 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, e expresarán a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, no marco do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas, que se relacionan nas táboas que se xuntan, como anexo I (beneficiarios) e anexo II (non beneficiarios), financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, liñas 1 e 2, relativa a asociacións e fundacións de Galicia, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: mediante a Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG nº 118, do 21 de xuño) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e realizou a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N).

b) Aplicación orzamentaria: 08.02.541D.760.1, códigos de proxecto 2022 00033 e 2022 00045, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023.

c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, en concreto, encamiñadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación, así como a instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.

d) Destinatarios: as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.

e) Porcentaxe de financiamento e concorrencia con outras subvencións: o financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vaia financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:

a) Liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 20.000,00 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local en 5.000,00 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 30.000,00 €.

b) Liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 10.000,00 € por entidade. En caso de agrupación, o importe poderase incrementar a razón de 10.000,00 € máis por cada entidade que forme parte da agrupación, ata un máximo de 30.000,00 €.

f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2023, ambos incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo. Non serán subvencionables os proxectos concluídos materialmente na data de presentación da solicitude. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data límite para solicitar o aboamento da axuda e a súa xustificación, consonte o establecido no parágrafo seguinte. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será: a) o 30 de novembro de 2022 para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2022; b) o 30 de novembro de 2023 para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023.

g) Xustificación das subvencións: os beneficiarios das axudas quedan obrigados a acreditar, nos prazos máximos a que se refire a letra anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento que corresponda a cada anualidade en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, o beneficiario deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido para o período subvencionable correspondente; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida.

A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 22 e 23 da Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG nº 118, do 21 de xuño).

h) Requisitos que se deben observar: segundo o regulado no artigo 4 da convocatoria, sen prexuízo do que resulte de aplicación segundo o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación e, se é o caso, respecto de contrato menor con adxudicación directa, no caso desta última o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

i) Aceptación e renuncia das subvencións: transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se notificará ao interesado por medios electrónicos.

j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: o pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.

Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria. As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo V.

De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas efectuarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

De conformidade co disposto no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, as entidades locais están exoneradas de constituír garantía no caso de solicitar anticipos.

Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería concedente, antes de proceder ao seu pagamento final, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007. Os órganos competentes da consellería concedente poderán solicitar ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Advírtese que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Cando o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe, sempre que coa parte realmente executada se poida entender cumprida a finalidade da subvención.

O pagamento realizarase logo de verificación polo órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Por delegación de sinatura (Resolución do 9 de novembro de 2022)
María del Mar Ferreiro Broz
Subdirectora xeral de Coordinación Ambiental

ANEXO I

Beneficiarios

Nº de expediente

Nome do solicitante

NIF do
solicitante

Liña subvencionable

Total de gastos subvencionables

Porcentaxe de cofinanciamento por parte da entidade local

Importe da subvención resultante (ata o 90 % do custo subvencionable, co límite da contía máxima establecida)

2022

2023

Total

EAPP-001-2022-RES

Concello de Val do Dubra

P1508900F

Liña 2- PLP

11.000,00 €

10,00 %

3.300,00 €

6.600,00 €

9.900,00 €

EAPP-002-2022-RES

Concello de Val do Dubra

P1508900F

Liña 1- PXR

19.996,14 €

10,00 %

9.046,55 €

8.953,45 €

18.000,00 €

EAPP-004-2022-RES

Concello de Cambados

P3600600E

Liña 1- PXR

22.222,00 €

10,00 %

270,00 €

17.726,53 €

17.996,53 €

EAPP-005-2022-RES

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Liña 1- PXR

19.999,80 €

10,00 %

10.530,00 €

9.469,80 €

19.999,80 €

EAPP-006-2022-RES

Concello de Santa Comba

P1507800I

Liña 2- PLP

7.860,35 €

10,00 %

6.366,89 €

707,43 €

7.074,32 €

EAPP-007-2022-RES

Concello de Santiso

P1508000E

Liña 1- PXR

16.932,23 €

10,00 %

2.115,00 €

13.583,73 €

15.698,73 €

EAPP-008-2022-RES

Consorcio das Mariñas

P1500011J

Liña 1- PXR

15.239,01 €

10,00 %

4.320,00 €

10.919,01 €

15.239,01 €

EAPP-009-2022-RES

Mancomunidade do Morrazo

P3600020F

Liña 2- PLP

30.000,00 €

10,00 %

540,00 €

26.460,00 €

27.000,00 €

EAPP-011-2022-RES

Concello de Gondomar

P3602100D

Liña 2- PLP

8.181,81 €

10,00 %

4.909,09 €

2.454,54 €

7.363,63 €

EAPP-012-2022-RES

Concello de Sanxenxo

P3605100A

Liña 2- PLP

8.070,00 €

10,00 %

6.363,00 €

900,00 €

7.263,00 €

ANEXO II

Relación de solicitudes non beneficiarias e motivo da exclusión

Nº de expediente

Nome do solicitante

NIF do solicitante

Observacións

Motivo

EAPP-003-2022-RES

Concello da Guarda

P3602300J

Liña 2- PLP

Non ter emendado en tempo e/ou forma debidos o que lles foi requirido

EAPP-010-2022-RES

Agrupación de Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar

P1501000B

Liña 2 -PLP

Non ter emendado en tempo e/ou forma debidos o que lles foi requirido