Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59878

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio de Augas de Valdeorras

ANUNCIO das bases e convocatoria para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público correspondentes ao ano 2021.

No BOP de Ourense do 16 de setembro de 2022 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público correspondentes ao ano 2021 do Consorcio de Augas de Valdeorras.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Prazas de acceso libre:

• Unha (1) praza de chofer/esa-operario/a de camión impulsor succionador, subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Celga 2. Permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional.

II. Prazas de promoción interna:

• Unha (1) praza de capataz de redes, subgrupo C2. Concurso. Título de grao medio de formación profesional en mantemento de instalacións, fontanaría ou equivalente. Celga 3. Permiso de condución B.

O prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral do Consorcio de Augas de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro do Consorcio de Augas de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polo seguinte importe, acompañando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo C2, 13 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web, www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publicase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 26 de outubro de 2022

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio de Augas de Valdeorras