Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59623

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2022 pola que se inscribe a Federación Americana de Asociaciones del Camino de Santiago de Compostela no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Federación Americana de Asociaciones del Camino de Santiago de Compostela presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 12 de maio de 2022.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación específicamente ao procedemento a seguinte normativa:

▪ Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

▪ Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 29 de outubro de 2021 sobre a solicitude en que se constata que a Federación Americana de Asociaciones del Camino de Santiago de Compostela persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Federación Americana de Asociaciones del Camino de Santiago de Compostela sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 230.

Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpoñer potestivamente un recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, perante esa orde xurisdicional.

En ningún caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de presentarse, sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. O anterior, de acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 21.3.2019)
A directora xeral do Patrimonio Cultural
P.S. (Decreto 119/2022, do 23 de xuño; DOG núm. 126, do 4 de xullo)
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa