Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/91-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícanselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios D110-29-17-CT y D110-29-21, segundo se sinala no cadro anexo.

Ademais infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/distribucion-transporte/lat-savinao11

Lugo, 28 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

anexo

Expediente: IN407A 2022/91-2.

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios D110-29-17-CT e D110-29-21.

Concello: O Saviñao.

Declaración de utilidade pública.

Ref. catastral

Apoio

Afeccións

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

ml aér.

m2 aér.

3

90

82

Bexe

Labradío

Estrella Vázquez Rodríguez

11.19

170.93

4

90

91

O Outeiro

Labradío

Herdeiros de Luis Rodríguez Varela

25.89

399.29

6

90

89

O Outeiro

Labradío

José Rodríguez Varela

110-29-18

1.21

33.15

506.18