Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 3 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 225/2022 contra as resolucións do 9 de xuño e 11 de outubro de 2021, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro), e a Resolución do 2 de febreiro de 2022 do mesmo proceso selectivo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 225/2022 contra as resolucións do 9 de xuño e 11 de outubro de 2021, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro), e a Resolución do 2 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, dentro do mesmo proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos ao referido órgano xudicial.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos (no referido órgano xudicial), no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública