Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 59990

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 30 de novembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

Carlos José Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal