Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira, dúas prazas de técnico/a medio/a de xestión, dúas prazas de traballador/a social e unha praza de técnico superior en enxeñaría informática.

A Concellería delegada do Servizo de Persoal e Cultura mediante resolucións de datas 2.9.2022, 12.9.2022 e 23.9.2022 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Marta Martínez Majolero, con DNI ***5119**, para ocupar unha praza de traballador/a social da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da ampliación da OEP do ano 2021.

– Gemma María Costoya Bello, con DNI ***4883**, para ocupar unha praza de traballador/a social da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da ampliación da OEP do ano 2021.

– María Agustina Ageitos González, con DNI ***5931**,* para ocupar unha praza de técnico/a medio/a de xestión da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da ampliación da OEP do ano 2021.

– Sara Covela Rúa, con DNI ***8412**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a de xestión da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da ampliación da OEP do ano 2021.

– Samuel Alonso Pérez, con DNI ***6998**, para ocupar unha praza de técnico/a superior en enxeñaría informática da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da OEP do ano 2017.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os interesados/as poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o/a interesado/a tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue procedente conforme dereito.

Pontevedra, 20 de outubro de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura