Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60042

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461J).

Con data do 5 de outubro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG) número 190, a Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).

Con data do 6 de outubro de 2022, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 21 de setembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022 (DOG núm. 190, do 5 de outubro).

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) https://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de provisión por mobilidade, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 10 de novembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas de exclusión

***961***

Rodríguez

González

Daniel

1

Causas de exclusión

1

Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2.2.e) da convocatoria