Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños 617 e 618.

Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 25 de outubro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que se describen:

Parque 1

Identificación e localización: parcela número 617 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 481,07 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Parque 2

Identificación e localización: parcela número 618 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 190,14 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: María del Carmen Otero González (***8076**).

Nova titular: María Elisabeth Martín Serantes (***8199**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: as titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 26 de outubro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo