Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60259

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 15 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 76, do 23 de abril.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2022, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 30 de novembro de 2021 pola que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación e do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da orde da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos documentos previstos na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal

Anexo

Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

6º exercicio

Total

***9195**

Díaz Cuenca, Isabel María

30

2,50

Exenta

23,67

20

23

99,17

***2916**

Rodicio Cimadevilla, Guillermo José

21,47

5,50

Exento

21,17

24

19

91,14