Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60208

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúe un aspirante no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Advertido erro no sumario da resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 60001, cómpre corrixir o sumario.

Onde di:

«RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúe un aspirante no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúe un aspirante no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020».