Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente MON-CO-0175-2022 FOR e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 4 de novembro de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

MON-CO-0175-2022 FOR

76495347S

Acordo de inicio

REC-CO-0069-2022 AGRI

76355007K

Acordo de inicio