Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60628

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de tres prazas de técnico/a de informática (subgrupo A1).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 204, do 27.10.2022, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno local, do 21.10.2022, relativas á seguinte convocatoria:

– 3 prazas de técnico/a de informática (subgrupo A1), CE 1/22, promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 27 de outubro de 2022

A Xunta de Goberno local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior