Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60753

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

En virtude da Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. Na dita orde establécese como sistema selectivo o de concurso-oposición.

A base II.2.3 da convocatoria dispón que os méritos correspondentes á fase de concurso deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación e deberán acreditarse de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública, que será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En cumprimento da previsión anterior, e co obxecto de que as persoas aspirantes que superen a fase de oposición deste proceso selectivo poidan acreditar os méritos con que conten na fase de concurso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro

Publicar o procedemento que se vai seguir para acreditar os méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

De acordo co establecido na base II.2.3 da convocatoria, os méritos que se van baremar na fase de concurso deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, que foi o 16 de xullo de 2021.

Segundo

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do seguinte xeito:

Deberán acceder á páxina web https://www.xunta.gal/funcion-publica/expediente-administrativo, e nela poderán comprobar os méritos que teñen rexistrados no seu expediente persoal.

Para acceder poderán empregar calquera dos seguintes métodos de acceso:

• Certificado electrónico.

• Chave365 ou DNI electrónico.

• Para o persoal con destino na actualidade na Xunta de Galicia, o usuario/chave do Directorio electrónico da Xunta de Galicia.

Unha vez que accedan á aplicación informática e comprobados os datos que figuran no seu expediente persoal, poderán xerar o impreso de conformidade ou o impreso de emenda a partir dos datos que constan no seu expediente persoal.

a) No suposto de estaren conformes cos datos consultados, validaranos sen facer ningún cambio, pecharán o impreso e realizarán a presentación electrónica.

Na epígrafe «Motivo polo cal fai a solicitude» deberá elixir a opción «2. Fase de concurso de proceso selectivo».

Para presentar a solicitude a persoa interesada deberá premer no botón «Pechar e presentar impreso de conformidade».

A continuación deberá xerar en formato PDF o seu impreso de conformidade en que se visualizará o número de rexistro e a data de presentación como xustificante da presentación.

b) No suposto de amosar a súa desconformidade por non estar de acordo con algún ou algúns dos datos, por non constar, seren erróneos ou incompletos, a persoa interesada deberá completar ou corrixir a información rexistrada e xerar un impreso de emenda.

Na epígrafe «Motivo polo cal fai a solicitude» deberá elixir a opción «2. Fase de concurso de proceso selectivo».

Na epígrafe «Datos da súa unidade de persoal», no campo «Nome» deberá escribir «Dirección Xeral da Función Pública» e no campo de «Enderezo» deberá escribir «Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela».

Ao finalizar as correccións, modificacións ou inclusións de novos datos, a persoa interesada pechará a súa solicitude premendo no botón «Pechar e xerar impreso de emenda».

A persoa interesada deberá asinar o impreso de emenda e deberá remitirllo á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, e deberá achegar toda a documentación válida para xustificar os méritos engadidos ou modificados, de conformidade co establecido no punto cuarto desta resolución.

As persoas aspirantes que non teñan méritos para acreditar non precisan realizar ningún trámite.

Se a persoa interesada non puider acceder á aplicación informática poderá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83.

Terceiro

Os méritos reflectidos no impreso de conformidade ou no impreso de emenda serán os que teña en conta o tribunal na baremación da fase de concurso e sempre referidos á data que se establece no punto primeiro desta resolución.

Calquera impreso de conformidade ou de emenda e a documentación xustificativa dos méritos que non reúnan os requisitos ou que fosen rexistrados fóra do prazo establecido no punto segundo desta resolución teranse por non presentados.

De presentar máis dun impreso de emenda ou conformidade só se terá en conta o presentado en último lugar.

No caso de non presentar impreso de emenda ou conformidade, os datos reflectidos no expediente persoal das persoas interesadas e que xa consten validados con anterioridade, serán os que teña en conta o tribunal na baremación da fase de concurso, sempre que estean referidos á data que se establece no punto primeiro desta resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha nova documentación acreditativa de méritos, aínda que consten rexistrados no impreso de emenda. Exceptúase aquela documentación que, xustificándoa documentalmente neste mesmo prazo, fose solicitada pola persoa interesada ao organismo ou entidade competente e non fose recibida no indicado prazo. Neste suposto admitirase a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para presentar reclamacións á baremación provisional.

Cuarto. Remisión da documentación acreditativa dos méritos alegados

Toda a documentación válida para xustificar os méritos engadidos ou modificados pola persoa interesada no seu expediente persoal deberá ser remitida á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, tendo en conta o seguinte:

Os certificados asinados electronicamente e os documentos electrónicos deberán remitirse a través do rexistro electrónico. A persoa solicitante, para a remisión electrónica, empregará o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conteñen un sistema electrónico específico habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal. Tamén poderá presentar a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se a documentación que se presenta é un documento orixinal en papel, deberá presentarse nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que o persoal funcionario do rexistro acredite que é copia electrónica auténtica de documento.

As copias en soporte papel de documentos electrónicos requirirán que nelas figure un código xerado electronicamente ou outro sistema de verificación, que permitirá contrastar a autenticidade da copia.

As persoas interesadas que o desexen poden facer uso do modelo incluído nesta resolución como anexo III.

Quinto. Acreditación da experiencia profesional nas administracións públicas

A experiencia profesional nas administracións públicas acreditarase mediante certificación emitida polas persoas titulares das unidades da Administración pública en que prestasen servizos e que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, na cal deberá constar a seguinte información: categoría/grupo, escala e especialidade, réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións, porcentaxe da xornada no caso de ser inferior á xornada completa e calquera outra observación que poida ser relevante para a súa acreditación.

Emitirase un certificado individual por cada categoría/grupo, escala, especialidade.

Os certificados poderán comprender unha ou varias vinculacións sucesivas ou non.

Como anexo I a esta resolución figura un modelo, que deberá empregarse preferentemente.

Só será necesario acreditar a experiencia profesional que non conste no expediente electrónico ou da cal se faga algún tipo de emenda.

Sexto. Acreditación da formación

A formación acreditarase mediante copia auténtica ou orixinal do certificado de asistencia ao curso, no cal deberá constar o organismo ou entidade que organizou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización e o número de horas lectivas.

Cos diplomas ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia deberá xuntarse a súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuar:

a) Un tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) A representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadá a persoa interesada.

Só será necesario acreditar a formación que non conste no expediente electrónico ou da cal se faga algún tipo de emenda.

Sétimo. Acreditación do grao de coñecemento do idioma galego

Os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega deberán rexistrarse na epígrafe «Galego e grao» do expediente persoal e deberá remitirse a documentación que o acredite, salvo que xa conste este título como validado no expediente persoal.

Oitavo. Acreditación do exercicio dos dereitos de conciliación

Para acreditar o exercicio dos dereitos de conciliación establecidos na base II.2.4, as persoas aspirantes presentarán certificación segundo o modelo que figura como anexo II a esta resolución, que será expedida e debidamente asinada polas persoas titulares das unidades da Administración pública en que prestasen servizos e que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file