Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60770

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Mediante a Resolución do 3 de novembro de 2022 (DOG núm. 212, do 9 de novembro), o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de xullo de 2022 (DOG núm. 142, do 27 de xullo), para cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), con corrección de erros no DOG núm. 28, do 10 de febreiro, e no DOG núm. 33, do 17 de febreiro, acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria, e outorgar un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións en relación con estas puntuacións.

Unha vez recibidas alegacións ao respecto desas puntuacións, detectouse un erro na fórmula matemática introducida no proceso automatizado de lectura e corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo, que non afecta nin o número de persoas que superan o exercicio nin o número de respostas correctas de cada aspirante, nin tampouco a posición das persoas que superaron o exercicio, senón unicamente a puntuación final que se lle asignou, polo que o 18 de novembro de 2022, este tribunal acorda solicitar á Dirección Xeral da Función Pública a realización dunha nova corrección. Como resultado deste proceso, en sesión do 21 de novembro de 2022, o tribunal

ACORDOU:

Primeiro. Rectificar a Resolución deste tribunal do 3 de novembro de 2022 (DOG núm. 212, do 9 de novembro) exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo. Publicar as puntuacións rectificadas obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Pedro Gandarillas Iglesias
Presidente do tribunal