Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO polo que se publican as bases do proceso selectivo para a cobertura, por promoción interna, de tres prazas de administrativo/a.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2022, resolveuse aprobar as bases do proceso selectivo para a cobertura, por promoción interna, de tres prazas de administrativo do Concello de Ames.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña, número 200, do 21 de outubro de 2022. Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Ames, 21 de outubro de 2022

José Blas García Piñeiro
Alcalde