Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO referente á convocatoria dos procesos selectivos da oferta de emprego público de carácter excepcional.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 208, do 31 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos da oferta de emprego público de carácter excepcional prevista nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como os da oferta de emprego público ordinaria do ano 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e/ou na sede electrónica do concello na forma prevista nas propias bases.

Vilanova de Arousa, 31 de outubro de 2022

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde presidente