Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20220103AE-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 30 de setembro de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20220103AE-OU, incoado á persoa titular do DNI 34964929F, con enderezo na rúa Bispo Blanco Nájera, número 8, 1º esquerda, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei notifícaselle ao titular do DNI 34964929F, con enderezo na rúa Bispo Blanco Nájera, número 8, 1º esquerda, 32005 Ourense, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 9 de novembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: 20220103AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: 34964929F.

Último enderezo coñecido: rúa Bispo Blanco Nájera, número 8, 1º esquerda, 32005 Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigo 42.bis.e). Na falta de cumprimento voluntario da obriga de corentena indicada ou prescrita polas autoridades sanitarias, os profesionais sanitarios ou as profesionais sanitarias, o persoal encargado do rastrexo e seguimento de contactos ou calquera outro axente de saúde pública que teña encomendadas estas funcións, cando non sexa constitutivo de infracción moi grave.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: tres mil un euros (3.001 €).