Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 618-A.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 20 de outubro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:

Identificación e localización: parcela número 618-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 425,32 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: Monserrat Insúa Iglesias (***3601**).

Nova titular: Yaiza García Insúa (***4536**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 24 de outubro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo