Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 60941

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 100, do 25 de maio), e de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, fíxose pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Rematado o prazo para presentar reclamacións establecido na devandita resolución, corrixidos os erros e examinadas as alegacións formuladas polas persoas interesadas, a Comisión Permanente acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta de actualización definitiva de méritos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vista a proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2021 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de «Listas de contratación».

Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2065

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206K

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A1

206L

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

208F

Escala de facultativos. Especialidade de medicina

A1

208G

Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía

A1

208H

Escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía

A1

2072

Escala de arqueólogos

A1

2080

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

A2

2073

Escala de arquitectos técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial

A2

2076

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de topografía

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2079

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas

A2

2085

Escala técnica de estatísticos

A2

2094-01

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2

2094-02

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira

A2

208A

Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría

A2

208B

Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia

A2

208C

Escala técnica de facultativos. Especialidade educadores

A2

208D

Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional

A2

208E

Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

B

208J

Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207V

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón

C1

207W

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico

C1

2081

Escala de delineantes (a extinguir)

C2

20A3

Escala de auxiliares de clínica

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física Profesor/a de matemáticas

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

031

Restaurador/a

II

033

Profesor/a de danza clásica

II

038

Perito/a-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

039

Rexedor/a de escena

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar inspección transportes

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial/a 1ª cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante/a taller. Adxunto/a taller

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial/a 1ª obra COTOP. Capataz

III

068

Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira

III

080

Capataz de establecemento

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras

III

090

Animador/a sociocultural

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

101

Proxeccionista

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

023

Mestre/a gaiteiro/a

IV

024

Xastre/a

IV

025

Cargador/a. Tremoísta

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro. Lavandeiro/a

V

003-02

Resolución do 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27.6.2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante de oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a