No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 204, do 27 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de director/a do Centro de Información á Muller, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo A2, a través do proceso selectivo de concurso, e en desenvolvemento da oferta de emprego público dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Zas, 31 de outubro de 2022
O alcalde
P.S. (Decreto de delegación 167/2022, do 27 de maio)
Óscar Lema Romero
Concelleiro delegado de Persoal