Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

En sesión que tivo lugar o día 17 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) e pola Resolución do 4 de agosto de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Que examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas pola Resolución do 17 de outubro de 2022 (DOG núm. 212, do 8 de novembro) e feita unha nova corrección respecto dunha aspirante, esta ve incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar a puntuación obtida pola aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia: funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal