Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61244

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para cubrir tres prazas de policía local.

No BOP da Coruña número 209, do 4 de novembro, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir tres prazas de funcionarios de carreira no corpo da policía local, pertencentes á escala básica, categoría policía, subgrupo C1. Dúas prazas polo sistema selectivo de acceso por oposición libre e unha polo proceso de provisión de posto por mobilidade. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2022, publicadas no BOP da Coruña número 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 3 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal