Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilar de Santos (expediente IN407A 2022/112-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, con número de colexiado 1534 do COIIG, o día 23.5.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na mesma data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF A63222533.

Domicilio: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: repotenciación do CT Outeiro-32A505.

Situación: lugar de Outeiro, concello de Vilar de Santos (Ourense).

Orzamento: 17.342,41 €.

Características técnicas:

– Aumento de potencia do CT en intemperie Outeiro, matrícula 32A505, que fora autorizado no expediente 2807-AT cunha potencia de 50 kVA, para instalar un centro de transformación de 100 kVA de potencia aparente, con material illante en aceite mineral, sobre un apoio de formigón existente de tipo HV-13/1000.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 4 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense