Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61104

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se resolve a adxudicación para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Orde do 12 de xullo de 2022 (DOG nº 139, do 21 de xullo), a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convocou unha liña de subvencións para o ano 2022 que establecía as bases reguladoras para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Vista a proposta da Comisión Avaliadora, do 2 de novembro de 2022, e en aplicación dos artigos 9, 10 e 11 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles aos concellos, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que se relacionan no anexo I os equipamentos de emerxencias que se indican no dito anexo I, de acordo coa puntuación total obtida polos solicitantes.

Estes equipamentos están sendo adquiridos co programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixe 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos» e prioridade do investimento 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes».

Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos, co fin de redistribuír os equipamentos non adxudicados por renuncia dalgún beneficiario ou pola posible nova adquisición de máis equipamentos. Esta redistribución será, de ser o caso, elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.

Na repartición deste material teranse en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamentos da mesma especie na primeira adxudicación; en todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial dos equipamentos entre as entidades solicitantes.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 12.e) da Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022 co fin de adxudicar equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao/á cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.

Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, asinarase a acta de cesión do equipamento concedido.

O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión do equipamento será de tres meses contados desde a data de recepción daquel.

Non obstante, este prazo poderíase ver incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento, previstos nos correspondentes contratos, derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamentos para as emerxencias destinados aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número 2022-SUEI_02-08-LV (núm. de referencia contable 2022-05-580-1), procedemento ordinario, por importe de 1.022.500 euros (IVE incluído).

No caso de que a subministración do expediente de contratación 2022-SUEI_02-08-LV (núm. de referencia contable 2022-05-580-1) non chegase a ser entregado total ou parcialmente, o órgano adxudicador poderá ditar nova resolución en que indique o equipamento que non sería adxudicado. Neste caso, as entidades locais afectadas perderán o dereito recoñecido nesta resolución.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO I

Equipamento 2022

Liña 1. Vehículos todo terreo.

Entidade local

Cartelle

Larouco

Maside

Pol

Rodeiro

Taboada

Trazo

Valadouro (O)

Liña 2. Remolques para a atención ás emerxencias.

Entidade local

Boimorto

Petín

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

Tui

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Xunqueira de Espadanedo

Liña 3. Tendas de campaña para emerxencias.

Entidade local

Agolada

Malpica de Bergantiños

Avión

Meira

Betanzos

Melón

Blancos (Os)

Moraña

Boiro

Narón

Cabanas

Palas de Rei

Calvos de Randín

Portas

Carnota

Portomarín

Castrelo de Miño

Ribas de Sil

Celanova

San Xoán de Río

Cervantes

Sarreaus

Dumbría

Saviñao (O)

Fisterra

Sober

Folgoso do Courel

Vila de Cruces

Incio (O)

Vilardevós

Liña 4. Coitelas para retirada de neve.

Entidade local

Baltar

Chantada

Esgos

Laza

Pobra de Trives (A)

Pontenova (A)

Porqueira

Ribeira de Piquín

Liña 5. Esparexedores de sal.

Entidade local

Abegondo

Meis

Beariz

Negueira de Muñiz

Boborás

Noia

Bola (A)

Paderne de Allariz

Bolo (O)

Riotorto

Carballiño (O)

Sandiás

Cedeira

Trabada

Coristanco

Vilaboa

Lobios

Vilagarcía de Arousa

Lourenzá

Vilar de Barrio

Liña 6. Embarcacións pneumáticas.

Entidade local

Bergondo

Pereiro de Aguiar (O)

Cerceda

Ponteceso

Mazaricos

Rúa (A)

Monforte de Lemos

Viana do Bolo

Nogueira de Ramuín

Vicedo (O)

Parada de Sil

Liña 7. Desfibriladores externos.

Entidade local

Abegondo

Narón

Agolada

Negueira de Muñiz

Allariz

Noia

Ames

Oleiros

Amoeiro

Ourol

Avión

Paderne de Allariz

Barbadás

Padrón

Beariz

Palas de Rei

Bergondo

Parada de Sil

Betanzos

Pereiro de Aguiar (O)

Blancos (Os)

Petín

Boiro

Pobra de Trives (A)

Cabanas

Pol

Calvos de Randín

Ponteareas

Cambre

Ponteceso

Cangas

Pontenova (A)

Carballiño (O)

Porqueira

Carballo

Porriño (O)

Carnota

Portomarín

Carral

Redondela

Cartelle

Ribadavia

Castrelo de Miño

Ribadeo

Cedeira

Ribeira

Cee

Ribeira de Piquín

Cerdedo-Cotobade

Rosal (O)

Chantada

Rúa (A)

Corcubión

Salceda de Caselas

Coristanco

San Cristovo de Cea

Culleredo

San Xoán de Río

Dumbría

Santa Comba

Entrimo

Saviñao (O)

Esgos

Taboada

Fene

Toén

Folgoso do Courel

Tomiño

Gudiña (A)

Trazo

Lalín

Tui

Larouco

Val do Dubra

Laza

Valadouro (O)

Lourenzá

Veiga (A)

Maceda

Verín

Malpica de Bergantiños

Vicedo (O)

Mancomunidade Terra de Celanova

Vilagarcía de Arousa

Maside

Vilamartín de Valdeorras

Mazaricos

Vilar de Barrio

Meira

Vilardevós

Meis

Vilariño de Conso

Melón

Vilasantar

Miño

Viveiro

Mondariz

Xinzo de Limia

Monforte de Lemos

Xunqueira de Ambía

Mugardos

Xunqueira de Espadanedo

Muíños

Zas

Muxía