Mediante este anuncio faise público que, pola resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 4 de novembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 1017-462 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 2.957,74 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Roberto Martínez Ozores (***6595**).
Novo titular: Ramiro Martínez Ozores (***6532**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 7 de novembro de 2022
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo