De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 11 de novembro de 2022, do proxecto parque eólico Monte da Croa, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña), promovido por Villar Mir Energía, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
P.D. (Resolución do 9.11.2022)
María del Mar Ferreiro Broz
Subdirectora xeral de Coordinación Ambiental