Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión de dúas prazas de persoal laboral fixo, administrativo, polo proceso especial de estabilización de emprego temporal de longa duración.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 267 do 22 de novembro de 2022, e na sede electrónica do Concello publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión de dúas prazas de administrativo, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso, incluída na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP número 120, do 27 de maio, e no DOG número 102, do 30 de maio.

O prazo para presentar as instancias será de vinte días hábiles, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballeda de Avia, 22 de novembro de 2022

O Alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2 de xullo de 2019)
Noemi Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal