Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 295/2022, seguido perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fronte ao Decreto 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema público de saúde de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto por Luis Pedro Lanero Taboas, actuando en nome e representación de José Manuel Dono García, contra o Decreto 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema público de saúde de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade