Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de novembro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 209/2022 no expediente de reposición da legalidade COL/38/2019-RP1-RP2.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 209/2022, interposto polas persoas con DNI 32382021E, 32571809Z e 32361706G, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 10.8.2022, interposto contra outra do 6.10.2021, expediente COL/38/2019-RP1-RP2, pola que se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á demolición das obras dunha edificación residencial, no lugar de Calcoba, núm. 17, no termo municipal de Fisterra, dentro da zona de servidume de proteccción do dominio público marítimo-terrestre, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 33326612A para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística