Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO da oferta de emprego público dunha praza de auxiliar de axuda no fogar para a estabilización do emprego temporal (2021).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 68, do 8 de abril de 2022, publícanse as bases xerais polas que se rexerá o proceso selectivo para a estabilización do emprego temporal do Concello de Vilasantar, correspondente á selección de persoal laboral fixo para a oferta e emprego público do ano 2021, unha (1) praza de auxiliar de axuda no fogar, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 208, do 3 de novembro de 2022, publícanse as bases específicas, correspondentes á seguinte praza, que resultou vacante do primeiro proceso:

Unha (1) praza de auxiliar de axuda no fogar (xornada completa, mediante concurso).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilasantar, 3 de novembro de 2022

Fernando Javier Pérez Fernández
Alcalde