Con data do 5 de outubro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 190 a Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).
No Diario Oficial de Galicia número 215, do 11 de novembro de 2022, publicouse a Resolución do 8 de novembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso, por promoción interna, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461F).
Esta resolución concedía un prazo de dez (10) días hábiles para emendar as causas de exclusión ou de non exención da proba de coñecementos da lingua galega.
Transcorrido o prazo de emenda establecido no número 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no número 3.7.1 da convocatoria, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listas de persoas admitidas e excluídas ao proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022 (DOG núm. 190, do 5 de outubro).
A lista de persoas aspirantes admitidas poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal, xunto coa indicación da exención ou non da proba de coñecementos da lingua galega.
A lista de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Segundo. En sesión que tivo lugar o 23 de novembro de 2022, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 13 de decembro, na aula 5 da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.
Inmediatamente a continuación terá lugar o segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de coñecementos da lingua galega, tamén no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.
Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición, perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Estrada, 28 de novembro de 2022
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Lista definitiva de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022
NIF cifrado |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
Causas exclusión |
***627*** |
Comesaña |
Rosende |
Jorge Enrique |
1, 2 |
Causas de exclusión |
|
1 |
Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no número 3.4.1.g) da convocatoria ou é erróneo |
2 |
Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos nos números 2.1.g), 2.1.h), 2.1.i) e 2.1.j) da convocatoria |