Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61675

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2023 correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 7 de novembro, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 58081, onde di: «34. Neves (As): 29 de xullo, festividade de Santa Marta, 5 de agosto, festividade da Nosa Señora das Neves»; debe dicir: «34. Neves (As): 31 de xullo, festividade de Santa Marta, 7 de agosto, festividade da Nosa Señora das Neves».