Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61763

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo, psicólogo, polo proceso especial de estabilización de emprego temporal de longa duración.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 269, do 24 de novembro de 2022, e na sede electrónica do Concello, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de psicólogo, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso, incluída na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP número 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG número 102, do 30 de maio de 2022.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballeda de Avia, 24 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2.7.2019)
Noemi Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal