Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61823

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, convocadas para o ano 2022 en réxime de non concurrencia.

Logo de ver as solicitudes de axudas destinadas a facilitar a participación das galerías de arte que desenvolven a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2022 fóra da comunidade, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei, e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A suma total das axudas ascende a cincuenta mil euros (50.000,00 €), que se librarán con cargo á aplicación 10.40.432B.770.0 (CP 2015 00374) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Segundo os criterios sinalados no artigo 11 da Orde do 21 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras,

RESOLVO:

Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 3 e publicalas no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 11 da orde.

As galerías subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedaran suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpor o recurso contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Relación de galerías por orde de entrada de solicitude (acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico)

Solicitante

Feira ou mercado

Data 2022 prevista inicialmente

Proposta

Vicente Muñiz Vázquez

Justmad (Madrid)

24.2.2022

2.000,00 €

Maria Luisa Pita Díaz

Estampa (Madrid)

13.10.2022

2.000,00 €

Drawing Room (Lisboa)

26.10.2022

4.000,00 €

Galería pm8, S.L.

Art Basel (Suíza)

16.6.2022

4.000,00 €

Frieze London (GB)

12.10.2022

4.000,00 €

Mc Proxectos de Arte, S.L.

Drawing Room (Lisboa)

26.10.2022

4.000,00 €

Justmad (Madrid)

24.2.2022

2.000,00 €

María Jesús Villar Iglesias

Artbo (Colombia)

26.10.2022

4.000,00 €

Artissima Torino (Italia)

4.11.2022

4.000,00 €

Pereira y Arte, S.L.

Justmad (Madrid)

24.2.2022

2.000,00 €

María Asunción Rodríguez Rodríguez

Justmad (Madrid)

24.2.2022

2.000,00 €

Drawing Room (Lisboa)

26.10.2022

4.000,00 €

M. Rodríguez y cía., S.L.

Artmad (Madrid)

23.2.2022

2.000,00 €

Galería Vilaseco, S.L.

Artslibris (Madrid)

27.2.2022

2.000,00 €

Cristián Balsa Gavilanes (Art Cuestión)

Art3fnantes (Francia)

11.3.2022

4.000,00 €

Bank Art Fair (Seúl)

16.6.2022

4.000,00 €