Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/137-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, o día 28.1.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable da data sinalada.

O proxecto foi modificado polos seus anexos 1 e 2, asinados polo citado colexiado, respectivamente, con datas do 3.12.2021 e 28.9.2022, e presentados a trámite pola empresa distribuidora que a seguir se cita. O anexo 1 prevé a desafectación do predio propiedade de Antonio Cid García e considéranse, polo tanto, as alegacións presentadas ao respecto polo dicente con data do 22.10.2021. Mentres que o anexo 2 obedece ao soterramento das infraestruturas situadas dentro da parcela con referencia catastral 8032002NG9883S0001IO, tal e como demandaba o Concello de San Cibrao das Viñas á vista do informe do arquitecto municipal do 25.1.2022, que foi incorporado ao expediente.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS, CTS, RBT Pazos de San Clodio.

Situación: lugar de Pazos de San Clodio, concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 48.568,43 €.

Características técnicas:

– LMTS con E/S en CT proxectado, en condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), de 726 m de lonxitude, con inicio en empalmes proxectados na LMTS SCV812 (expediente IN407A 2016/15-3) e fin no CTC soterrada proxectada.

– Centro de transformación de tipo prefabricado compacto, manobra exterior con envolvente en edificio prefabricado subterráneo, con ventilación horizontal e celas 2L+1P, telecontrolado GSM/GPRS/FO. Illante de aceite mineral. Potencia aparente de 250 kVA e R.T. 20.000/400-230 V. Sitúase en parcela con referencia catastral: 8032002NG-9883S0001IO.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado, cos seus anexos 1 e 2, asinados polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 9 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense