Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 61955

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 23 de novembro de 2022 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Sindicato Profesional de Policías e Bombeiros (SPPLB),

DISPOÑO:

O nomeamento de Luis Álvarez López como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, en representación da organización sindical Sindicato Profesional de Policías e Bombeiros (SPPLB).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar