Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 15 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se dá publicidade da apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, en favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Benedicta Álvarez García.

Mediante a Resolución do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, declarouse a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García (DNI 33272348L), veciña do Concello de Vedra, falecida o 17.8.2015.

Dispón o artigo 269 da Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia, que os bens herdados por este título pola Comunidade Autónoma de Galicia serán destinados a establecementos de asistencia social ou institucións culturais que se sitúen, preferentemente e por esta orde, no lugar da última residencia da persoa causante, no seu termo municipal, na súa comarca e, en todo caso, no territorio da Comunidade Autónoma galega.

Para os anteriores efectos, establécese no artigo 10 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, trámite de información pública, polo que se publicará un anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as posibles persoas beneficiarias dos bens da herdanza formulen alegacións.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 113/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, anuncio:

A apertura de trámite de información pública, durante o prazo dun mes, para que as posibles persoas beneficiarias dos bens e dereitos procedentes da sucesión intestada de Benedicta Álvarez García, falecida o 17.8.2015, presenten as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda e Administración Pública, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABA/2022/0004, Edificio Administrativo San Caetano, bloque número 3, 15781 Santiago de Compostela.

Contra este acto non se poderá interpor recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este trámite sexan consideradas na resolución pola que se aprobe a conta xeral de liquidación e distribución do caudal hereditario da herdanza, contra a cal se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública