Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62218

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de seis prazas de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de 6 prazas no marco do Programa de Ciencias Mariñas (ThinInAzul) dos plans complementarios de I+D+I financiados polo Mecanismo de recuperación y resiliencia, NextGenerationEU e, en Galicia, co Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 28 de novembro de 2022

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR