Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, do contrato da obra de saneamento das parroquias da Agra-Figueiras, Colantres e lugar de Queirís, Coirós (A Coruña) (expediente OH.315.1171).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 Coirós (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento das parroquias da Agra-Figueiras, Colantres e lugar de Queirís. Coirós (A Coruña). Clave do expediente: OH.315.1171.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 667.863,11 euros. Importe total: 808.114,36 euros.

8. Valor estimado do contrato: 667.863,11 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 8 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 15 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10%), programa de construción da obra (ponderación 8 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 6 %), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (ponderación 4 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 30 de maio de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 16.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 15.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 17 de xuño de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Prace Servicios y Obras, S.A.

14.2. NIF: A70319678.

14.3. Enderezo: avenida Gonzalo Navarro, parcela X-20, 15578 Narón.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 678 68 98 31.

14.6. Fax: 981 11 40 22.

14.7. Correo electrónico: info@prace.es

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 584.113,07 euros. Importe total: 706.776,81 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación financiarase ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4 Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; Actuación 20.1.4.5 Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosigue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise propostas na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus Plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 12 de novembro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 30 de maio de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 21 de xuño de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 1 de xullo de 2022.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia