Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación do proxecto de obras ordinarias de urbanización no contorno da Pastoriza e da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas e para a execución do proxecto aprobado.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 22 de novembro de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 3850/2022, foi aprobado o proxecto de obras ordinarias de urbanización no contorno da Pastoriza e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas e para a execución do proxecto aprobado.

Así mesmo, consonte a dita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Predio

Ref. catastral

Titular

Superficie total (m2)

Superficie afectada (m2)

Outros bens afectados

Pleno dominio

Ocupación temporal

1

3281309NH4938S0001AA

Parada Patiño, Luis (42 %)

392,00

186,00

206,00

135,00

m2 edificación en estado deficiente

Parada Patiño, Arturo (herdeiros) (42 %)

52,00

m2 galpón en estado

deficiente

Parada Patiño, Josefa (herdeiros) (16 %)

37,50

m3 muro de cachotaría (25×0,5×3)

2

3281308NH4938S0001WA

Parada Souto, Arturo (herdeiros)

122,00

54,00

68,00

178,00

m2 edificación en estado deficiente

3

3281307NH4938S0001HA

Parada Souto, Arturo (herdeiros)

104,00

55,00

49,00

176,00

m2 edificación en estado deficiente

4

3281306NH4938S0001UA

Parada Souto, Arturo (herdeiros)

120,00

82,00

38,00

186,00

m2 edificación en estado deficiente

4,50

m3 muro de cachotaría

5

3482323NH4938S0001EA

Souto Lozano, José Antonio

254,00

108,00

4,00

m3 muro de pedras soltas: 16×0,50×0,50 m (ruína)

3,60

m3 muro de palets e bloque 30×0,30×0,40   m

6

3281310NH4938S0001HA

Sande Couto, Santiago

6.555,00

56,00

7

3281302NH4938S0001JA

Promociones Rúa Buenos Aires, S.L.

4.583,00

676,00

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249-3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puider efectuar, sirva a presente notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 23 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1923/2022, do 31 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano