Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de novembro de 2022, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico polo que se dá publicidade da Resolución do 31 de outubro de 2022, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se aproba o proxecto construtivo de modificación dunha concesión para aproveitamento hidroeléctrico no río Furelos, denominada Central de Portodiz, concellos de Melide e Santiso, provincia da Coruña (expediente 5/244/2/3).

De conformidade co disposto no artigo 42.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que mediante a Resolución da directora de Augas de Galicia, do 31 de outubro de 2022, aprobouse o proxecto construtivo correspondente á modificación concesional do salto de Portodiz, no río Furelos.

Previamente, o día 30 de marzo de 2022, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático ditou a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto construtivo de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico de Portodiz, en que conclúe que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo desta, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto na dita DIA.

A antedita documentación atópase dispoñible, para a súa consulta, na seguinte ligazón:

https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Control_caudais_reservas?content=aproveitamentos_hidroelectricos/seccion.html&sub=Documentacion_ambiental/

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico