Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2022/134-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, con número de colexiado 2.880 do COITI Vigo e con visado núm. 22201786 do 10.8.2022 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.; CIF: B32011173.

Domicilio: rúa Coruña, núm. 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación do CTA Penavaqueira (expediente 3500 AT).

Situación: lugar de Penavaqueira, concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 36.016,73 € de execución material.

Características técnicas:

– LMTS de 18 m de lonxitude de alimentación a novo CT en caseta proxectado en Penavaqueira, condutor tipo RHZ1-OL-12/20kV 150Al, con inicio na LMT expediente 3500 AT e fin no CT proxectado.

– Substitución do CT en caseta existente, de 50 kVA de potencia aparente, por novo transformador de 250, e de toda a súa aparellaxe asociada, con celas modulares en SF6 de manobra e protección, e os cadros de BT e compensación de reactiva. Coordenadas xeográficas: latitude: 42°15'43.1"N, lonxitude: 8°11'50.2"W.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 10 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense