Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña) (expediente 2018/0042).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 19 de novembro de 2022, do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña), promovido por Green Capital Power, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático