Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62492

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1.

Apelidos e nome

DNI

Motivo da exclusión

López Sobral, Sonia María

***4987**

85

Vázquez Sánchez, Sonia María

***9219**

65

Acceso xeral.

Apelidos e nome

DNI

Motivo da exclusión

Alfaro Fernández, Mario

***1797**

86

Carbia Melio, Rita

***9299**

83

Dos Santos Merencio, Lorena

***3045**

86

García Carballo, Ricardo

***8085**

86

Huertas Pardo, Cristóbal

***3261**

87

Novo Fernández, Miguel

***5879**

86

Otero Pazos, María

***1412**

83

Sanmartín Barragans, Gabriela

***6025**

87

Cód.

Causa da exclusión

65

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

85

Non cumpre a condición de discapacidade

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego seis (6) meses anteriores á convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego