Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62407

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade da Resolución do 24 de agosto de 2022 pola que se encarga a Tecnologías y Servicios Agrarios S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio na xestión de diversas axudas.

Mediante a Resolución do 24 de agosto de 2022 encoméndase a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, S.M.E, M.P. (Tragsatec) a execución dun servizo de apoio técnico á consellería competente en materia de política social e xuventude, na xestión de diversas axudas convocadas por esta.

Coa finalidade dar cumprimento ao disposto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, publícase no Diario Oficial de Galicia o contido mínimo da dita resolución:

– Actividade: servizo consistente na realización de tarefas de apoio e soporte respecto das convocatorias de axudas promovidas polas diversas direccións xerais destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social a entidades de iniciativa social e convocatorias destinadas a entidades de iniciativa social e corporacións locais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva. Consonte o previsto polos artigos 9 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, e para os efectos previstos nos artigos 6.3 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e segundo a disposición adicional vixésimo cuarta desta lei, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, S.M.E, M.P. (Tragsatec) ten a consideración de medio propio e servizo técnico da consellería competente en materia de política social e xuventude.

– Prazo de vixencia: o período de execución rematará o 31 de agosto de 2023.

– Finalización anticipada: esta encomenda poderá resolverse anticipadamente por razóns de eficacia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.D. (Orde do 3.3.2016; DOG núm. 54, do 18 de marzo)
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude