Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de recuamento da LMT GON807 e de substitución do CTI Piquetes por un CTC, no concello de Gondomar, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/174-4).

A instalación de recuamento da LMT GON807 e a substitución do CTI Piquetes polo CTC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 11 de outubro de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e a condición de beneficiaria da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 9 de febreiro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Gondomar.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 9 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Recuamento da LMT GON807 e substitución do CTI Piquetes polo CTC

Núm.

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

m.l. sub.

m2 servidume de paso subterránea

1

9014401NG1691S0001FA

Piquetes-Mañufe

Margarita Pazos Caldeiro

CT 0D

16,81

11

27,72

2

54021A059000680000KY

Corredouras

José Luis Alonso Medina

1

10,06

3

54021A059000690000KG

Corredouras

Luz Pilar Román Devesa

1

3