Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coirós (expediente IN407A 2022/223-1).

Expediente: IN407A 2022/223-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT O Casal.

Concello: Coirós.

Feitos:

1. O 8.8.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, coa finalidade de mellorar a calidade de subministración no lugar do Casal, concello de Coirós.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT O Casal, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 18.2.2022, con número de visado 22200300, do 18.2.2022.

• Proxecto de execución denominado anexo, asinado por Javier, Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, número de colexiado 15.670 de Madrid, o 1.6.2022.

2. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, esta instalación está exenta do trámite de información pública.

3. Conforme os artigos 127.1 y 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, deuse traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Concello de Coirós, á Deputación Provincial da Coruña e a Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. O 7.11.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplicará neste expediente é a que se relaciona a seguir:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

e) A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

As instalacións atópanse no lugar do Casal, no concello de Coirós, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 531 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº ATMLXGLK//87, en substitución do existente da LMTA BEG707, e remate no CT proxectado.

– LMTA a 15 kV, de 88 m, condutor tipo LA-110 mm2 Al, con orixe no apoio nº ATL23KUM//86 da LMTA BEG707 e remate no apoio nº ATMLXGLK//87 en substitución do existente. Retensado do van existente, en condutor LA- 110 mm2 Al, ata a fachada do CT Santiago de Ois (15C889, IN407A 2016/159-1).

– CT tipo rural prefabricado no lugar do Casal de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 15 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña