En sesión do 29 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022, modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de saúde laboral, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro e o segundo exercicios, por teren acreditado o nivel de coñecementos de lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3.
Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Publica, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022
Aitor Guisasola Yeregui
Presidente do tribunal